O BNG presenta iniciativa parlamentar contra os ataques da Memoria Histórica Galega
O BNG agradece a asociación "Levada Libre" e ás persoas que fixeron posíbel a cosntrución do monumento na Volta da Moura
A organización nacionalista agradece a asociación "Levada Libre" e a tódalas persoas que fixeron posíbel a construcción do monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura, lugar da memoria e da loita pola democracia.
Asimesmo, o deputado do BNG, Luis Bará xunto coa portavoz municipal, Carme Núñez, e o concelleiro, José Martínez Tato, condenou os ataques fascistas que se sofriu o monumento hai uns dias, e, tamén todo tipo de manifestación de apoloxía do terrorismo fascista que se producen con absoluta impunidade no noso País.
O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego no que se insta á Xunta de Galiza a que condene os ataques fascistas producidos no País, e a súa vez, solicitáse a creación dunha rede de lugares de memoria antifascista galega para construír unha sociedade máis democrática.