O BNG presenta na Guarda unha moción na defensa do galego

Xan e Anxo
Ángel Baz e Xan Lois Lomba, concelleiros do BNG

Ángel Baz: “as políticas promovidas polo Partido Popular lonxe de contribuír ao uso da lingua galega, procuraron todo o contrario”

O BNG presenta na Guarda unha moción na defensa do galego

OBLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha mociónno rexistro do Concello da Guarda nadefensa da lingua galega.

Na moción solicítase o apoio as mobilizacións en defensa da lingua convocadas para o próximo 17 de maio, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, pola plataforma cidadá Queremos Galego.

A moción, tamén se insta a Xunta a que derrogue o Decreto 79/2010 para o plurilingüismono ensino non universitario e o cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a restituír o orzamento recortado pola Xunta do PP e incrementando as partidas dirixidas á defensa e promoción da nosa lingua.

“Resulta incomprensíbel que ante a xa demostrada perda alarmante de falantes en galego, a Xunta de Galiza siga a mirar para outro lado, esquecendo as súas obrigas como institución pública encargada da promoción e posta en valor do noso idioma”, comentou Ángel Baz, portavoz muncipal do BNG.

O BNG sinala que as políticas promovidas polo Partido Popular lonxe de contribuír ao uso da lingua galega, procuraron todo o contrario, tendo o Decreto do plurilingüismo o ariete co que derrubar calquera avance.

O BNG lembra que este decreto prohibe dar certas materias no idioma propio do país, “algo inaudito en ningún país do mundo”, comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG- isto impide que o noso alumnado teña a posibilidade de adquirir coñecementos en galego, e polo tanto, incumprir co mandato de garantir que teñan a mesma competencia nas dúas linguas oficiais.

Dende o BNG tamén queren advertir a falta de compromiso do goberno municipal coa promoción e defensa do galego: “a falta dun servizo de normalización lingüística no concello, tal e como esiximos nos orzamentos, e a pouca deiniciativa municipalestán facendo un fraco favor a presenza do noso idioma na rúa”, comentou Anxo Baz.

Archivo adjunto al mensaje

 

O BNG presenta na Guarda unha moción na defensa do galego