O BNG organiza no Baixo Miño, coa colaboración da Organización Galega de Montes, un acto público sobre o futuro do monte comunal
Galiza ten a maior parte do seu territorio como superficie forestal, 1,8 dun total de 2 millóns de hectáreas, unha cifra moi superior aos países do entorno nos que a situación é a inversa e teñen unha superficie agraria utilizada maior ca destinada a monte.
O BNG considera “fracasada” a política impulsada polos sucesivos gobernos do Partido Popular “centrada no monocultivo forestal” con especies de baixo valor engadido como o eucalipto
É hora de acabar co abandono do monte galego como maneira de recuperar unha parte clave do territorio e do medio rural, e, para profundar neste eido, o Bloque Nacionalista Galego organiza coa colaboración da Organización Galega de Montes, un acto público aberto, este sábado 21, a partir das 11:00 na Casa da Cultura de Estás, no que intervirán Sandra González (alcaldesa de Tomiño), Xosé Alfredo Pereira (presidente da Organización Galega de Montes) e Xosé Luis Rivas "Mini" (deputado no Parlamento Galego). Visitando tamén proxectos levados adiante pola Comunidade de Montes Veciñal e Man Común de Estás.
Para asistir cómpre reservar praza no : 616090632 / [email protected].