O BNG considera que o goberno de Tui é continuísta e carece de proxecto de futuro
26 set. 2018 - 22:49
Mércores 26 de setembro de 2018.O BNG manifesta á opinión pública a súa satisfacción pola realización das obras de restauración do palco da música do Cantón de Diómedes, proxecto que foi iniciado e desenvolvido polo anterior equipo de governo, na persoa da concelleira do BNG, Carme Núñez. Este feito ven indirectamente a demostrar que o único proxecto do actual governo é aproveitar-se sen rubor do traballo feito polo anterior. Así, tras a moción de censura orquestada polo PP para gañar nos despachos o que non gañaron nas urnas ,vemos claramente a dia de hoxe que so aspiraban a sentar nun sillón, como viñeron facendo desde hai anos, para resucitar o oportunismo e a cobiza persoal.
O BNG apostou claramente polo medioambiente e o patrimonio. Despois de décadas de paralización absoluta ,Carme Núñez, a través da área de patrimonio, impulsou a tramitación do Plan de Protección Especial do Conxunto Histórico, así como a posta en marcha da Oficina de Rehabilitación promovendo a recuperación do núcleo histórico, tanto na súa dimensión física coma na revitalización social, económica e cultural.
Núñez levou adiante a peonalización definitiva do Casco histórico, con sinais interpretativos, identificativos e de dirección, plataforma dixital de información sobre o casco. Recuperou espazos para o lecer,mobiliario e medidas de mellora da habitabilidade.
Así mesmo, Carme Núñez, comezou a compra do Teatro Principal para a súa rehabilitación, e tamén a rehabilitación do cruceiro de San Bartolomeu e do seu placo da música, así coma o palco da música situado no Cantón de Diómedes, no que estes dias comezaron as obras de rehabilitación dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, así como a rehabilitación da ponte medieval de Pexegueiro, e o lavadorio e fonte de Rodas en Guillarei.
O BNG en so dous anos de governo desenvolveu unha politíca de transformación cara unha sociedade máis xusta, onde prevaleza a calidade das persoas e preservando a contorna e o medio ambiente. Mais, agora estamos evidenciando como o Partido Popular e o Alcalde que colocou non teñen un proxecto para a nosa cidade mais alá de continuar con algúns dos proxectos xa comezados durante o governo anterior.