O Bloque urxe ao goberno local que acometa a limpeza e o mantemento das parroquias e do centro de Tui
Xoves 27 de setembro de 2018.O concelleiro do BNG, Xosé M.Tato, esixe ao goberno local que acometa urxentemente actuacións de coidado, mantemento e limpeza do centro e das parroquias de Tui. O nacionalista recalca que o governo municipal está incrumprindo co prego de preinscripcións técnicas da limpeza viaria da cidade tudense.
Día tras días estanos a chegar queixas de veciños e veciñas que reclaman que se atendan os problemas cotiáns que lles afectan, e que perciben unha total falta de atención por parte da concellería que ten as respectivas competencias, afirmou Xosé M.Tato.
(estado das xardineiras no centro de Tui)
Entre as melloras que se deben facer , o concelleiro do BNG, sinalou que non se están a levar adiante baldeos e regos mecánicos coas frecuencias mínimas correspondentes , non se están cumprindo coa limpeza de xogos infantís sitos en espazos públicos de forma axeitada, estase incumprindo as correctas operacións de frega de chans e pavimentos contínuos,deberáse de limpar cada 3 meses tanto exterior coma interiormente as papeleiras situadas nas vías urbanas , e tampouco isto se está a levar a diante, entre outras moitas deficiencias. As críticas tamén se dirixen ao estado de abandono das parroquias de Tui, onde se poden ollar innumerábeis desleixos, tanto nas marxes viarias , coma a limpeza e mantemento do noso patrimonio,e, que nalgúns casos dificultan o paso dos vehículos e dos peóns.
(estado da subida da rúa maristas á rúa Compostela)
O exemplo do abandono das parroquias é unha clara mostra de que o goberno local está máis preocupado pola imaxe e a propaganda que pola atención aos problemas que preocupan á veciñanza e que son fundamentais para a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, sinalou Xosé M.Tato. O nacionalista asegurou que o BNG seguirá denunciando estes exemplos de deixadez e instará ao goberno local que acometa a solución destas deficiencias.