O BNG do Rosal consegue un acordo no concello para a creación dun servizo de transporte público
29 set. 2015 - 19:41
O BNG DO ROSAL CONSIGUE UN ACORDO NO CONCELLO DO ROSAL PARA A CREACIÓN DUN SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO PARA OS ESTUDIANTES QUE CURSAN ESTUDIOS NA GUARDA.
O Pleno do concello do Rosal celebrado o pasado día 26 aprobou por unanimidade unha iniciativa do Grupo Municipal do BNG pola que o concello se compromete a conseguir un servizo de transporte público que permita aos mozos e mozas do concello desprazarse ao veciño concello de A Guarda a realizar os seus estudos de secundaria postobrigatoria.
Na actualidade, os mozos teñen que facelo desprazamento pola súa conta, xa que os horarios dos autobuses de liña non concordan cos horarios de entrada e saída do Instituto de A Guarda.
O Concello comprometeuse a levar a cabo as xestións precisas para que se estableza un servizo de transporte público que cubra esta necesidade.