Acto do BNG na Guarda sobre os 20 anos de actividade no Parlamento español

Acto do BNG na Guarda sobre os 20 anos de actividade no Parlamento español

O Bloque Nacionalista Galego vai realizar un acto informativo dentro da campaña que está a realizar polo país “Galiza, a Forza que nos Une”.

O BNG quere dar a coñecer o labor de defensa de Galiza que veñen mantendo dende hai 20 anos os deputados e deputadas do BNG no Parlamento español.

O acto vaise celebrar no Centro cultural da Guarda este xoves a partir das 20:30 h coas intervencións de Anxo Baz, portavoz municipal da Guarda, e Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Parlamento español.

CARTAZ gALIZA A fORZA QUE NOS uNE

Acto do BNG na Guarda sobre os 20 anos de actividade no Parlamento español