Alberte Alonso Pereira renuncia como concelleiro e voceiro do BNG do Rosal.

Alberte Alonso e Ánxela Fernández
Alberte Alonso Pereira renuncia como concelleiro e voceiro do BNG do Rosal.

Alberte Alonso Pereira renuncia como concelleiro e voceiro do BNG do Rosal.

“Dou un paso ao lado para deixar que tome o relevo Ánxela Fernández Callís, unha moza nova, preparada e con ilusión”

Alberte Alonso e Ánxela Fernández

O que foi voceiro do BNG na corporación do Rosal na pasada lexislatura e no que vai da presente, Alberte Alonso Pereira, presentou a súa renuncia como concelleiro este venres no rexistro do concello.

Nun sucinto escrito no que aduce motivos persoais, renunciou a súa acta de concelleiro na Corporación Municipal e a todos os cargos inherentes a mesma que viña desempeñando.

Alonso Pereira, dixo que é unha decisión madurada dende fai tempo, e afirmou que “despois de case 30 anos militando no BNG e case todos en primeira liña -xa foi concelleiro e responsable local na Guarda, responsable comarcal e membro do Consello Nacional durante 10 anos-, considera oportuno e sobre todo necesario, deixar que as novas xeracións tomen o relevo e non ser un estorbo para a renovación.

Nese sentido, afirmou que a persoa que o vai substituír, Ánxela Fernández Callís, está moito máis preparada ca el, é nova, intelixente, cunha capacidade de traballo insuperable, con moita ilusión, e sobre todo con ideas e novas formas de traballar en política, algo que a xente está demandando. “Será a alcaldesa do Rosal no futuro”, concluiu Alonso Pereira.

Alberte Alonso Pereira renuncia como concelleiro e voceiro do BNG do Rosal.