O BNG en apoio do sector leiteiro na Guarda
Ángel Baz: o leite utilizado como reclamo publicitario leva á ruína a moit@s gandeir@s
O Bloque Nacionalista Galego realizou durante a mañá do sábado un reparto de información na praza de Abastos da Guarda sobre a situación que está a pasar o sector lácteo galego.
A pesares de sermos un concello tradicionalmente mariñeiro, temos que ver o problema do leite como un problema de país comentou Mansa, membro do consello local da Guarda.
A situación na que está inmerso o sector cuns prezos que obrigan a vender por debaixo do custe de produción, coa ameaza permanente das industrias de non recoller o leite, chegando a facer entregas sen prezos fixados, .... pode levar á súa práctica desaparición.
O sector leiteiro, como o sector pesqueiro, forman parte da columna vertebral da economía deste país. Debemos defendelos se queremos seguir vivindo con dignidade, a pesar da falta de interese do goberno galego do PP, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Para o BNG é imprescindíbel tomar medidas de urxencia para paliar a situación actual, como a intervención no mercado e garantir a recollida da totalidade do leite.
Dende o BNG sinalaron a boa acollida que está tendo esta campaña informativa entre o público, coa preocupación por un sector maltratado polos gobernos do PP.
Preme na imaxe para ver a información:
[gallery ids="422,423,421"]