“O BNG LÉMBRALLE AO ALCALDE DA GUARDA QUE DEBE CUMPRIR COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA E RETIRAR TODOS OS SÍMBOLOS FRANQUISTAS DOS EDIFICIOS PÚBLICOS”
O BNG insta ao goberno do PSOE a retirar toda a simboloxía fascista na Guarda

O Bloque Nacionalista Galego insta ao grupo de goberno do PSOE a que dunha vez por todas a que faga cumprimento da Lei de memoria historia e do acordo plenario para a retirada de toda a simboloxía franquista que hai en diferentes edificios públicos do concello.
Dende o BNG lémbraselle ao goberno do PSOE a existencia de placas conmemorativas na fachada do concello na rúa San Marcos, na praza de abastos, na fonte dos Chanfreiros en San Caetano ou nas casas baratas en Fedorento.
“O Concello, como institución pública, debe cumprir a lei e ser un exemplo para todos os guardeses e guardesas facendo eliminar os símbolos dunha das etapas máis negras da historia”, afirmou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Desde o Bloque Nacionalista Galego consideran lamentábel que o Alcalde, Antonio Lomba, e o seu goberno non cumpran coa lei tal e como logo se lle esixe aos veciños e veciñas da Guarda.
O BNG anima aos guardeses e guardesas a informar no concello sobre placas e inscricións con simboloxía franquista en diferentes edificios públicos para a súa eliminación, así mesmo animamos a eliminar aquelas que aínda poidan existir nos exteriores de edificios privados.
Aquí tedes algúns exemplos que nos atopamos na Guarda: