“PARA O BNG TRÁTASE DUNHA OBRA CUN RESULTADO DESAFORTUNADO QUE OS VECIÑ@S PUXERON DE MANIFESTO POR MEDIO DE CARTEIS NO CAMIÑO”

O BNG pide explicacións pola desastrosa rehabilitación do camiño entre Cividáns e Pintán

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG durante unha visita ao lugar
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG durante unha visita ao lugar
O BNG pide explicacións pola desastrosa rehabilitación do camiño entre Cividáns e Pintán

O BNG considera desacertada a intervención realizada no camiño de Cividáns-Pintán realizada polo Concello da Guarda. Dita obra tivo un custo de 53.594 € dos cales 10.000 foron costeados polo concello da Guarda.

Ante as queixas recibidas polo resultado das obras de rehabilitación, unha delegación do BNG fixo unha visita á zona onde puido ver as irregularidades do camiño, terrapléns sen ningún tipo de protección, pedras en punta que son un perigo para calquera persoa que utilice o camiño, e un firme demasiado irregular para o paso de maquinaria, ...

Dende o BNG non somos capaces de comprender que fixo o concello con esta obra, o camiño ten tramos que son perigosos e impracticábeis, e iso que non comezaron as choivas”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG vai pedir explicacións polos criterios que se seguiron para realizar esta obra sobre todo no tramo do camiño máis antigo e que máis problemas xera polo seu acabado.

 

Archivo 10-11-16 02 42 03

Carteis de veciñ@s amosando a disconformidade polo resultado das obras

Unknown2

O BNG pide explicacións pola desastrosa rehabilitación do camiño entre Cividáns e Pintán