Xosé Antón Rodríguez “Xuster” candidato a Alcaldía de Oia polo BNG
“Oia está instalado nunha parálise crónica e compre darlle a volta”
A asamblea local do BNG de Oia elexiu a Xosé Antón Rodríguez “Xuster” como candidato a alcaldía pola formación nacionalista para as próximas eleccións municipais.
Xosé Antón Rodríguez que na actualidade é o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia afirmou diante da asemblea “dou o paso a encabezar a candidatura do BNG, porque coma outros moitos veciños e veciñas, son conscente de que o noso concello está instalado nunha parálise crónica que repercute na calidade de vida da veciñanza e compre darlle a volta”.
Noutro momento da súa intervención dixo “Oia é un Concello con grandes posibilidades con unha costa privilexiada, un interior nas parroquias de Burgueira e Loureza coa riqueza paisaxística, gandeira, agrícola e gastronómica. Todo isto ten que ser conxugado creando un único ente que vertebre as parroquias do interior e costa”.
Despois de referirse as carencias en infraestructuras como o saneamento, o abandono do riquísimo patrimonio que atesoura o Concello, a desestructuración social, económica e territorial do que responsabilizou ao PP, concluiu “Oia necesita un xiro e rexeneración da institución municipal, un xeito novo de facer as cousas, un goberno que traballe”.