Centro de saúde: o governo de Tui mira para outro lado

carme núñez, portavoz municipal
carme núñez, portavoz municipal
Centro de saúde: o governo de Tui mira para outro lado

Desde o BNG vimos manifestando dun xeito firme e continuo o noso total rexeitamento contra os recortes nos servizos públicos que o PP ven executando nos últimos anos.

Os recortes de persoal e de medios nos hospitais e centros de saúde públicos do noso país tradúcense nun importante aumento da carga de traballo nos e nas profesionais da sanidade pública e nun deterioro na calidade asistencial.

En Tui, na actualidade, estamos a sofrir as consecuencias  da mala xestión  do Partido Popular no eido sanitario, pois, desde que abriu o novo centro de saúde en Tui, megaproxecto do anterior alcalde do Partido Popular, Moisés Rodríguez e actual parlamentario,  que aínda carece de licencia de actividade, vemos a cotío multitude de deficiencias que foron denunciadas polo BNG no pleno municipal do pasado xoves no cal o governo en coalición do PP-Converxencia XIX, decidíu voltarlles as costas as veciñas e veciños de Tui, votando en contra desta moción  sen ter cabida  tan sequera o debate da mesma.
 

Desde o BNG non podemos e non imos aceptar esta negativa na sanidade pública en Tui  e non deixaremos de reclamar e loitar por un centro de saúde de calidade para os e as tudenses.

Con independencia doutras accións que poidamos levar a cabo nas vindeiras semanas, en función da evolución dos acontecementos, o BNG convoca a todas/os usuarias/os do centro de saúde de Tui  a un acto informativo sobre a "Lei de Saúde  e a situación do centro de saúde de Tui" que terá lugar este xoves dia 1 de marzo na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui, coas intervencións de Fco.Xabier Martínez (traballador do centro de saúde de Tui), Carme Núñez (doutora e portavoz municipal do BNG en Tui), e Monste Prado (deputada do BNG no Parlamento Galego).

 

cartaz acto centro de saúde

 

 

Centro de saúde: o governo de Tui mira para outro lado