O BNG insta ao alcalde da Guarda á procurar unha solución definitiva ás verteduras na zona do camping
“O BNG leva anos demandando unha solución que remate coas continuas verteduras debido a rede de saneamento deficiente”
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha iniciativa no rexistro do Concello da Guarda na que se insta ao alcalde da Guarda a procurar unha solución definitiva aos problemas de saneamento que hai na Xunqueira, na zona do camping.
As deficiencias na rede de saneamento nesa zona, fai que chegue a desbordar as arquetas, saltando as tapas de rexistro literalmente polo ar, xerando verteduras, cheiros insoportábeis, e riscos para os viandantes e para o medio natural.
“Unha degradación ambiental e turística que se une á desfeita dos areais da Lamiña, que evidencia o desleixo e falta de seguimento das administracións competentes. Cumpre atallar urxentemente esta situación”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG lembra que estamos ante unha zona de especial protección ambiental, polo que as administracións públicas deberan poñen un especial interese no seu coidado e preservación.
O concello ten a obriga de velar pola boa conservación e mantemento do rico patrimonio natural guardés dado que é un recurso turístico de primeiro nivel- “non é só presumir de premios, é manter as condicións para ser merecedores dos mesmos”- sinala Ángel Baz.
Imaxes do estado da zona: