O BNG denuncia que o acordo de PSOE, PP e Fátima Iglesias por Fínola é un regalo de 300.000 € para a banca
“A compra de Fínola supón un gasto de 300.000 € por uns terreos queco actual planeamento xa son do Concello”
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO manifesta o total rexeitamento ao acordo entre PSOE, PP e Fátima Iglesias para comprar a finca de Fínola, por ser un regalo para a banca.
O BNG sempre considerou importante que a Finca de Fínola, a día de hoxe propiedade da banca, fora patrimonio do Concello.
O desenvolvemento de todo o PERI suporía para o Concello da Guarda 5.000 m2 de espazos públicos para o pobo da Guarda ,totalmente gratuítos, que é case o dobre do que pretenden mercar. Polo que deberan explicar quen son os auténticos beneficiarios desta manobra de compra-venda
“En vez de optar por esta medida que contempla a lei, sorprendentemente o Alcalde da Guarda e o do PSOE co apoio do PP e de Fátima Iglesias vai despilfarrar máis de 300.000 € en mercar un terreo que utilizando a lexislación vixente sería do Concello”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG advirte que o Concello da Guarda pode modificar o PERI para desenvolver toda a zona como mellor beneficie ao conxunto do pobo da Guarda. Pode modificar o debuxo da área, o tipo de xestión.. que levaría, incluso a aumentar os equipamentos para o concello.
Para o BNG ou o goberno municipal do PSOE e os seus aliados neste negocio (PP e Fátima Iglesias) son uns incompetentes ou deben explicar quen son os auténticos beneficiarios desta operación ademais da banca.
Para o BNG non éxiste ningunha oportunidade fantástica para A Guarda, tal comotrata de vender o goberno municipal e os seus aliados, a oportunidade fantástica é para a banca que se libra dun “marrón” e recibe máis de 300.000 €.