O BNG condena as pintadas acontecidas no casco vello de Tui
"Carme Núñez condena o que califica coma actos que degradan o patrimonio tudense"
Tui, 11 febreiro, 2019. A portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez , so ten verbas de repulsa ,e, condena as pintadas que alguén realizou nos últimos dias no centro histórico de Tui, " é lamentábel que haxa persoas que non se decaten do dano que isto fai ao patrimonio de todos e de todas", apuntou a portavoz nacionalista.
O dereito a libre expresión nunca pode ser efectivo en lugares de interés histórico, cultural ou medio ambiental, e o BNG, xa mostrou na etapa de governo a sensibilidade polo patrimonio tudense desde a concellaría da que foi responsábel. Comportamentos como o rexistrado non deben ter cabida na nosa cidade e merecen unha repulsa unánime.