O BNG considera inaceptable á suba de salarios do goberno socialista da Guarda
Ángel Baz: "Resulta incomprensible que neste momento o PSOE aumente o gasto nos seus salarios e máis incomprensible aínda que o faga co apoio do Partido Popular"
O BNG votou en contra do incremento de gasto nos salarios que percibirán os membros do goberno da Guarda. Para o BNG non hai proxecto político que sustente tais dedicacións e menos ainda cunha suba substancial, algo que xa foi criticado polos nacionalistas hai 4 anos.
A politica continuísta do PSOE, que non xustifica estas retribucións, dista moito das prioridades do BNG como a política social, promoción de emprego, comercio, tráfico, etc..
Dende o grupo municipal nacionalista defenden a necesidade de que os representantes públicos con adicación ao seu cargo teñan unha retribución polo seu traballo, mais consideran que no contexto de crise que estamos a vivir non resulta aceptable que se suban os salarios do grupo de goberno mentres a maioría da poboación ve como baixan os seus ingresos e o seu poder adquisitivo.
"Sorpéndenos que en plena crise económica, despois de perder un concelleiro e boa parte do apoio social o PSOE considere que é o momento de subirse o salario"; comentou o Portavoz nacionalista, Ángel Baz.
O PSOE guardés, que goberna o concello en minoría, non tería capacidade suficiente por sí mesmo para sacar adiante esta proposta e contou coa connivencia do Partido Popular para lograr sacar adiante a súa súbida salarial.
"Estaba en mans do PP impedir este despropósito, pero preferiron permitilo, todo parece indicar que estamos ante o primeiro pacto de goberno desta lexislatura entre o PSOE e o PP. Agora teñen a obriga de explicar a toda a Guarda os detalles dese pacto" declarou Ángel Baz.