O BNG consegue o acordo para a mellora das aulas da casa de oficios da Guarda

O BNG consegue o acordo para a mellora das aulas da casa de oficios da Guarda

“Para o BNG a homologación destas aulas implicará a mellora da oferta formativa”

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

A moción nacionalista foi aprobada pola unanimidade das forzas políticas.

O BNG considera a formación un dos piares básicos nos que se debe sustentarse unha efectiva promoción de emprego que contribúa á saída da actual crise económica. Para realizar dita formación hai que contar cunhas instalacións axeitadas.

Para os nacionalistas a Casa de Oficios debe ser o lugar onde se realicen diferentes iniciativas formativas. Para iso é necesario que estas instalacións teñan as condicións idóneas para o desenvolvemento destas actividades.

Dende o BNG son conscientes de que a homologación das aulas da Casa de Oficios da Guarda é unha condición indispensábel e fundamental para poder realizar cursos de formación que actualmente non se poden impartir.

 

Nefasta política de promoción de emprego do goberno do PSOE

Dende o ano 2013 non se celebran ningún curso chegándose a perder algúns cursos xa aprobados por non ter as aulas homologadas. Tamén cabe destacar a falta de obradoiros de emprego sen custo para o concello, agora estamos a pagar un curso de formación que discrimina as persoas con estudos básicos, que son as que teñen unha unha inserción laboral máis complicada.

“Os gobernos do PSOE permitiron que se deteriorasen estas instalacións, o que demostra unha falta de responsabilidade e de iniciativa política na promoción de emprego”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG alégrase deste cambio de opinión do goberno municipal e insta ao Alcalde da Guarda a non deixar o acordo acadado nun caixón, poñéndose a traballar para conseguir a homologación do centro.

O BNG consegue o acordo para a mellora das aulas da casa de oficios da Guarda