"Un sistema de financiamento xusto para Galiza", acto público do BNG en Tui
Acto do BNG, na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui , coa presenza da deputada provincial Eva Vilaverde: A prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego
18 maio 2017 - 19:24
Martes, 16 de maio de 2017.O BNG está desenvolver por toda o País unha serie de actos explicativos a prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego. O concerto é unha alternativa que garante que todos os ingresos pola carga tributaria que soportan as galegas e galegos sexan de xestión do Goberno de Galiza.
O verdadeiro autofinanciamento só é posíbel si se cobran todos os impostos na Galiza polo Goberno galego, posibilitando a suficiencia financeira necesaria para cubrir os gastos nos servizos fundamentais (sanidade, educación e protección social) e promover o desenvolvemento económico, social e cultural que o País necesita.
Así pois, este sábado 20 de maio , ás 20:30 terá lugar en Tui na sala Xacobeo da Área Panorámica (rúa Colón), un acto público no que intervirá Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, e, Eva Vilaverde, deputada provincial e membro da executiva nacional do Bloque Nacionalista Galego e no que se abordará polo miúdo esta cuestión fundamental para o futuro de Galiza