O BNG esixe explicacións a Portos de Galiza e ao Concello da Guarda pola nefasta xestión das obras no porto

Angel porto_1
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG diante das obras no porto da Guarda

“Dende o BNG consideran que a actuación foi desastrosa e prexudicial para os negocios da zona, que amosaron sorpresa pola improvisación das obras”

O BNG esixe explicacións a Portos de Galiza e ao Concello da Guarda pola nefasta xestión das obras no porto

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO trata de calamitosa a xestión realizada por Portos de Galiza e polo Concello da Guarda.

Durante a semana pasada realizáronse obras de asfaltado no porto da Guarda. Estas obras realizáronse sen consulta nin previo aviso á veciñanza e ao sector da hostalaría, de forte presenza na zona.

“Nunha fin de semana importante para a hostalaría pola festividade en Portugal, converteuse nunha desfeita pola desidia de Portos de Galiza e o Concello”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Dende a formación nacionalista, considérase que as obras son necesarias e polo tanto hai que realizalas, pero non é menos importante o xeito de executalas, non deixar en mans da improvisación.

A falta de sinalización, a inexistencia dun operativo de tráfico, a desinformación xeral e a falta de comunicación entre Portos de Galiza e o Concello, causan cuantiosas perdas aos negocios nunha data sinalada.

Dende o BNG esperan que esta situación non se volva repetir cando se realicen obras deste tipo, realizando e tomando as medidas necesarias para manter informada á poboación en xeral e minimizando no máximo posíbel as incomodidades que estas obras xeran.

 

O BNG esixe explicacións a Portos de Galiza e ao Concello da Guarda pola nefasta xestión das obras no porto