O BNG do Rosal consegue o compromiso do Concello na busca de varios elementos do patrimonio nas dependencias municipais
"Trátase concretamente das cruces de Parada (Novás) e da cruz do Couso"
09 abr. 2018 - 18:32
No pleno do mes de marzo o grupo municipal do BNG presentou unha moción na que se achegaban datos sobre varios elementos do patrimonio rosaleiro desaparecidos desde hai xa anos e que, segundo a testemuña de varios veciños, foran retirados da súa localización por operarios municipais para proceder á súa restauración sen que volvera a saberse deles. Trátase concretamente das cruces de Parada (Novás) e da cruz do Couso.
A portavoz municipal do BNG, Ánxela Fernández Callís, defendeu a moción conseguindo o compromiso da alcaldesa de buscar e volver a colocar as citadas cruces, se ben dixo descoñecer o feito de que a cruz do Couso tivera desaparecido.