O BNG denuncia o incumprimento plenario dos puntos de información social por parte do PSOE

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

 “A instalación de espazos de información social foi unha das emendas do BNG ao novo regulamento do lixo que o PSOE rexeitou”

O BNG denuncia o incumprimento plenario dos puntos de información social por parte do PSOE

O BNG considera que o PSOE actúa con cinismo cando aproba unha ordenanza de lixo onde prohibe a colocación de carteis informativos na rúa, sen aportar ningunha alternativa, e esa mesma formación política pega carteis en lugares públicos do concello.

O BNG segue a reclamar o cumprimento dun acordo plenario para a colocación de espazos de información onde o traballo político e social guardés teña maior visibilidade, algo que semella preocupar substancialmente ao grupo municipal socialista que por outra banda non dubida en incumprir o seu propio regulamento.

“Cunha actitude cargada de soberbia, o grupo municipal socialista amosa estar por enriba da lei e evidencia a súa falta de transparencia e rigor político, tentando ocultar unha elevada actividade social e política que ás claras incómoda ao goberno local”, afirma o portavoz municipal do BNG, Ángel Baz.

“Imos a seguir denunciando as carencias dunha ordenanza que o propio goberno é o primeiro en incumprir. Máxime, cando se rexeitaron emendas quedando ás claras a necesidade das mesmas, ou pola intolerancia por parte do goberno do PSOE a un novo modelo de xestión do lixo proposto polo BNG máis ecolóxico e viábel para a Guarda”, conclúe Baz.


Imaxes de cartelería do PSOE en mobiliario público:

 

WhatsApp Image 2017-11-09 at 15.19.07

O BNG denuncia o incumprimento plenario dos puntos de información social por parte do PSOE