O BNG volve presentar a moción contra os “Circos de animais” rexeitada polo PSOE e PP na Guarda

O BNG volve presentar a moción contra os “Circos de animais” rexeitada polo PSOE e PP na Guarda

“Os pequenos e pequenas deste país merecen unha educación baseada en valores de respecto cara os seres vivos, estes circos non o son”

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

O Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro do concello unha moción para declarar ao Concello da Guarda libre de circos con animais.

A moción xa fora presentada polo BNG no pleno de xaneiro de 2014 sendo rexeitada polo PSOE e polo PP.

“Resulta curioso que agora que existe unha contestación social o PSOE cambia de discurso e onde dixo non agora parece dicir si. Isto reafirma a falta de proxecto político. Estamos ante un partido político totalmente desnortado que un día di unha cousa e o outro a contraria”, comentou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.

Para o BNG o uso de animais en espectáculos como os circos son dos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna salvaxe.

Os animais que viven nos circos están obrigados a permaneceren o resto da vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadeados en camións de traslado, negando calquera posibilidade de satisfacción das súas necesidades etiolóxicas e naturais.

Para o BNG todos estes argumentos e algúns máis non foron suficientes para que o actual alcalde da Guarda, daquela Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, votase a favor de declarar a Guarda concello libre de Circos con animais.

O BNG volve presentar a moción contra os “Circos de animais” rexeitada polo PSOE e PP na Guarda