O vindeiro luns dia 22 terá lugar o acto público central das eleccións Xerais do BNG en Tui

O vindeiro luns dia 22 terá lugar o acto público central das eleccións Xerais do BNG en Tui

Celebraráse  na Sala Félix (traseira da Área Panorámica) a partir das 21:15 horas e contará coa presenza de Carme Núñez, candidata á Alcaldia de Tui, André Vidal Capón, candidato número 1 ao senado pola província de Pontevedra e Guillerme Vázquez, candidato ao Congreso pola mesma provincia.

Carme Núñez é a actual portavoz municipal tudense, médica e responsábel da área de Patrimonio do anterior governo progresista do Concello, previo á moción de censura do PP.

André Vidal Capón é tudense, estudante de Bioloxía na Universidade de Vigo e ex-responsábel comarcal de Galiza Nova.

Guillerme Vázquez foi Portavoz Nacional do BNG e ex-deputado no Congreso Español.

No acto trataráse de transmitir a necesidade de que o BNG estea representado en Madrid para facer sentir a voz das galegas e galegos no parlamento español; voz ausente neste última lexislatura, onde a presenza galega foi inexistente por primeira vez en décadas.

O BNG fai un chamamento á asistencia das veciñas e veciñosde Tui  para seren partícipes de primeira man do proxecto das nacionalistas para o Congreso e  o Senado.