Pontón “Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha suba do 0,25" e esixe un incremento que garanta o poder adquisitivo

Encontro entre Ana Pontón e ORPAGU
Encontro entre Ana Pontón e ORPAGU

Critica que o PP traballe para beneficiar fondos privados e reclama pensións dignas

 

Pontón “Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha suba do 0,25" e esixe un incremento que garanta o poder adquisitivo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón comprométese co colectivo de pensionistas  a ser  “a súa voz” no  Parlamento para exixir  do goberno central unha subida que incremente  “o seu poder adquisitivo”.

Para a nacionalista, “Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha subida do 0.25%” e denuncia que o Partido popular “traballe para beneficiar fondos privados”   cortando  o dereito a unha pensión digna. Reclamamos, como mínimo unha subida equiparable a subida do coste da vida e  que se “salvagarde o sistema de pensións público”.

Por outra parte,  tamén se comprometeu a pedir na Cámara galega que o goberno deixe de perseguir ás persoas pensionistas  emigrantes retornadas como está a facer a través da Facenda española ao obrigalos a pagar máis que a un xubilado ou xubilada no Estado español.

 

O BNG demanda créditos ao IGAPE á baixo custe para renovar a flota do palangre

Ademais, na  súa visita A Guarda,  acompañada pola portavoz de pesca e deputada por Pontevedra, Montse Prado, o portavoz municipal, Anxo Baz e a responsable local, Bea Lomba, a portavoz do BNG  mantivo un encontro coa  directiva de ORPAGU (Organización de palangreiros guardeses)  centrado no futuro da frota e nun sector no que se está a producir un importante  relevo xeracional e con gran presenza no concello da Guarda. Pontón asegurou que o BNG trasladará ao Parlamento galego as demandas sobre as axudas para a renovación da flota. Neste sentido, explicou que os barcos do palangre contan con moitos anos e o  marco da limitación da pesca “non permite a renovación plena desta flota” polo que se fai urxente “axilizar as axudas” destinadas a mellorar a eficiencia enerxética das embarcacións  e as condicións de vida das súas tripulacións.

Resulta inconcibible, denunciou, que nun país como Galiza onde a pesca ten un papel tan relevante,  teñamos un modelo “que financia a morte dunha flota ”  en vez dun  sector pesqueiro do século XXI. A Unión Europea e o goberno central destinan “máis recursos a desguazar que a modernizar e renovar  a flota”. Unha flota dixo,  que dende o reto da sustentabilidade acade máis capacidade para crear emprego.

Pontón afirmou que a modernización da flota suporía a actividade dos estaleiros coa construción de entre 20 e 30 barcos polo que anunciou que BNG defenderá “axudas para a renovación ” ao que sumou “créditos a baixo custe dende o IGAPE” para resolver un dos principais problemas deste sector estratéxico para a Guarda e Galiza. 

 

Un  novo modelo urbano para  persoas e para os coches  

Dende o BNG, manifestou  defendemos un novo concepto de mobilidade no concello da Guarda no que o centro sexan as persoas e non os vehículos apostando por espazos e entornos nos que o pequeno e mediano comercio conten con vida e apoio.

 Nesta liña, o BNG traballa en diferentes iniciativas dende o concello e a Deputación de Pontevedra para construír A  Guarda do século XXI, unha vila accesible e pensada para as persoas superando o espazo urbano  para almacenar coches.

 

A portavoz do BNG insistiu na necesidade de apostar polo pequeno e mediano comercio para xerar actividade económica nunha vila cunha capacidade enorme dende o punto de vista turístico pero que precisa un novo modelo urbano.