Galiza Nova anima á mocidade a participar da Asemblea LGTBI

Galiza Nova Baixo Miño
Galiza Nova Baixo Miño

O 28 de Xuño conmemórase o aniversario dos disturbios de Stonewall. Uns disturbios que marcaron un antes e un despois na visibilidade do colectivo LGTBI e a loita como medio para conseguir os nosos dereitos

Galiza Nova anima á mocidade a participar da Asemblea LGTBI

O 28 de Xuño conmemórase o aniversario dos disturbios de Stonewall. Uns disturbios que marcaron un antes e un despois na visibilidade do colectivo LGTBI e a loita como medio para conseguir os nosos dereitos.
Desde a Asemblea Nacional LGTBI de Galiza Nova queremos recoller a experiencia histórica que nos levou a conseguir os dereitos que hoxe temos e a seguir camiñando na construción dunha sociedade sen LGTBIfobia onde poder exercer a nosa sexualidade libremente e de maneira gozosa. Temos como referentes tamén a mulleres coma Marcela e Elisa que desafiaron a moralidade da sociedade e decidiron vivir libremente sen deixárense condicionar.
A Asemblea LGTBI de Galiza Nova é un organismo autónomo, independente e non mixto que busca marcar as liñas políticas, ideolóxicas, tácticas e estratéxicas para a loita do noso colectivo enmarcadas na praxe política nacionalista. O noso marco analítico é Galiza, pois entendemos que tendo unhas características socioeconómicas concretas tamén precisamos de ferramentas e praxe política concretas.
O espazo que ocupa a Asemblea LGTBI é fundamental na loita xuvenil, pois precisamos de espazos que analicen o concreto do colectivo LGTBI galego e que haxa propostas e apostas claras de cómo saír deste pacto social que nos invisibiliza e nos chega a asasinar. Tamén entendemos que as loitas van todas unidas, por iso temos que estar sempre en contacto co resto de loitas, como o eido da precariedade laboral, o feminismo ou a perda da cultura do noso país.
Animámoste a participar da Asemblea LGTBI de Galiza Nova para xuntas construírmos a Galiza diversa que precisamos.