O BNG pide un apoio masivo para mellorar a vida da veciñanza de Oia

Xuster, en primeiro plano, rodeado da candidatura completa do BNG de Oia
Xuster, en primeiro plano, rodeado da candidatura completa do BNG de Oia

"Xosé Antón (Xúster) presentou a lista electoral que o acompañará nas próximas eleccións municipais"

O BNG pide un apoio masivo para mellorar a vida da veciñanza de Oia

O acto, con notable asistencia, foi presentado pola profesora Marisa Guerra Canizo que forma parte da lista do BNG ao Concello de Oia. Tomou a palabra en primeiro lugar Cecilia Pérez Orxe, candidata ao Senado nas Eleicións Xerais, animando a traballar pola consecución dos obxectivos do BNG. Falou despois o candidato á Alcaldía de Oia, Xosé Antón Rodríguez,  quen comezou a súa intervención falando da orixe do nome co cal é coñecido en Oia, Xúster, pola súa afección ao fútbol que practicou desde pequeno,  un deporte que lle ensinou  o valor do traballo en equipo, un feito que o formou para sempre. 

 Fixo despois unha exposición do bo facer e o progreso dos concellos gobernados polo BNG en Galiza que son exemplo a seguir. A continuación resaltou a valía dos candidatos e candidatas que presenta o BNG ao Concello de Oia e convidou a todo o mundo a participar nas decisións de goberno dentro do proxecto do BNG, un proxecto do pobo e para o pobo.

“Co cambio podemos  construír un concello diferente, deixar atrás un concello que esmorece. Queremos por  en marcha unha transformación que aposta por un concello aberto, dinámico, no que o máis importante é que as veciñas ou veciñas teñan mellores condicións de vida”, salientou a líder do BNG ante as máis 90 persoas que acudiron á presentación da candidatura ás eleccións do 26M.

“Un cambio que hai que reforzar nas próximas eleccións municipais dándolle un maior apoio ao Bloque Nacionlista Galego, porque canto máis apoio ao BNG máis mellorarán os servizos públicos, máis transparencia haberá no concello e máis impulso cara a transformación social que queremos para Oia ”, concluíu o candidato á alcaldía Xosé Antón "Xúster"


 Por último presentouse a lista completa dos candidatos e candidatas do BNG ao Concello de Oia alí presentes, a equipa  que lidera  que “quere rachar  coa vella forma de facer política do PP” .