O BNG leva ao pleno d Guarda a situación da Sanidade Pública

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG

Anxo Baz “ O Concello debe apoiar a manifestación en defensa da sanidade pública que se vai celebrar o día 9 en Santiago de Compostela”

O BNG leva ao pleno d Guarda a situación da Sanidade Pública

O BNG leva ao pleno unha moción que na que unha vez máis demandan da Xunta de Galiza que se dote ao PAC da Guarda, dun segundo equipo médico para urxencias, así como dunha ambulancia medicalizada. 

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz afirmou “Son numerosas as veces que o PAC da Guarda queda desatendido por ter que desprazarse o persoal sanitario a domicilios na Guarda, en Oia ou no Rosal, algúns deles a máis de 50 minutos. Por outra parte A Guarda está a 50 minutos do hospital máis próximo. É evidente que calquera das dúas reivindicacións son vitais para a nosa veciñanza”

A proposta do BNG incide tamén na necesidade de dotar ao centro de saúde da Guarda do servizo de radioloxía.

Ademais contempla a redución das listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos e que se publiquen as listas de espera ocultas para acabar coa súa manipulación.

Os nacionalistas piden tamén acabar coa política de privatizacións de recursos e de derivar pacientes as clínicas privadas de xeito innecesario, para o que esixen que se revisen os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade.

En definitiva manifesta Anxo Baz “o Goberno galego debe dar un xiro de 180 graos e adecuar os orzamentos da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais do nosos Centros de Saúde e hospitais públicos e dotalos do persoal necesario para garantir una atención accesíbel e de calidade”.

Para acabar concluindo o portavoz nacionalista “por todo esto O Concello da Guarda debe apoiar a manifestación en defensa da sanidade pública que se vai celebrar o día 9 en Santiago de Compostela”.

O BNG leva ao pleno d Guarda a situación da Sanidade Pública