O BNG na Guarda reclama máis implicación na loita contra a violencia machista

Bea Lomba, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG
Bea Lomba, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG

“Neste ano tan importante para o feminismo, foise capaz de convocar unha folga laboral, de consumo e coidados o pasado 8 de marzo, temos que tentar dar un paso máis..,”

O BNG na Guarda reclama máis implicación na loita contra a violencia machista

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción co motivo do “Día da Non Violencia de Xénero” co gallo do 25 de novembro.

O BNG insiste en que debemos examinar os ámbitos máis débiles que requiren actuacións inmediatas. Sentenzas como a da manada, evidencian moitas carencias nunha xustiza que segue sendo tremendamente patriarcal.

“É moi triste ver como o PP e PSOE se puxeron de perfil non apoiando a moción presentada polo BNG para declarar persoas non gratas aos da manada. Aínda temos moito que loitar para acabar coa violencia machista”, sinala Bea Lomba, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG.

Cada ano máis de 5.000 mulleres acoden aos xulgados galegos a poñer denuncias, e isto é so a punta do iceberg. Estimase que só un 20% dos casos chegan aos xulgados, polo que é fundamental avanzar na sensibilización social, e nese aspecto os concellos teñen un papel importante.

“Reclamamos melloras nun ámbito tan fundamental como da xustiza. A creación dunha Unidade específica de violencia machista que sexa a encargada de facer cumprir as leis contra a violencia de xénero, así como  a formación de todo o persoal que intervén no proceso xudicial”, comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda.