O BNG denuncia condicións deplorábeis de usuari@s e persoal de servizos sociais da Guarda

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda

“A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola”

O BNG denuncia condicións deplorábeis de usuari@s e persoal de servizos sociais da Guarda

O BNG denuncia as condicións deplorábeis que usuarios e usuarias, así como o persoal técnico de servizos sociais están a padecer no Concello da Guarda.

O BNG, despois de ter visitado as instalacións puido observar arquivadores rotos, móbeis de oficina “reciclados” en pésimo estado, espazos sen ventilación, escasa ou ningunha luz natural, falta deprivacidade e unha “sala de espera” de 4 metros cadrados e porta aberta. Esta é a realidade que padecen aquelas persoas usuarias e traballadoras dos servizos sociais da Guarda. 

“Esta é unha situación deplorable pola que atravesan tamén áreas como a de turismo e a policía local que deixa as claras a realidade paralela na que parece vivir o alcalde e seu equipo de goberno”, comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG esixe a recolocación urxente da área de Servizos Sociais, sendo un área tan sensible, cunha gran carga de traballo e que leva demandando durante anos unhas instalacións acordes ao servizo que presta.

Para o BNG é incomprensible ver como tendo espazo e posibilidades económicas para facelo, o alcalde negue a excelencia dun servizo tan demandado por guardeses e guardesas. 

“A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola”, sinala Anxo Baz.

Políticas como esta deixan ás claras a falta de proxecto político e sensibilidade por parte do Alcalde da Guarda cos eidos máis importantes da política municipal.