O BNG chama á veciñanza do Baixo Miño a asistir á manifestación nacional “Por unhas pensións públicas dignas e garantidas” convocada pola CIG.

O BNG chama á veciñanza do Baixo Miño a asistir á manifestación nacional “Por unhas pensións públicas dignas e garantidas” convocada pola CIG.

Mércores 25 de xaneiro de 2019.As decisións que está a adoptar o Goberno español son especialmente mesquiñas na Galiza: temos as pensións máis baixas do Estado español (15 puntos por baixo da media estatal), unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á  nosa poboación, e as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares.

Na Galiza hai pensionistas pobres: case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4  mulleres maiores de 65 anos está por baixo do limiar da pobreza. Ademáis, moitas familias teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos.

A formación nacionalista considera prioritario derrogar as contrarreformas laborais do PP e do PSOE “que debilitaron o sistema público de pensións xa que baixos salarios é sinónimo de baixas pensións”. “É preciso atacar a precariedade laboral e recuperar poder adquisitivo”, recalcou o responsábel comarcal do BNG no Baixo Miño , convencido de que “hai riqueza suficiente para manter o sistema público de pensións partindo da base de que debe ser unha prioridade política”, concluíu.

Por iso o BNG  fai  un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG  para o sábado día 26 de xaneiro, ás 12:00 desde a alameda en Compostela, en defensa do sistema público de pensións. Así o sinalou  Laureano Muíños, responsábel comaracal do BNG,  quen insistiu en que a loita en defensa das pensións “as do presente e as do futuro, é unha loita de todos e todas”, denunciou que durante os últimos anos “vivimos baixo a ameaza constante que as sucesivas reformas do PP e PSOE supoñen ao sistema público de pensións” e lembrou que miles de persoas “vímonos mobilizando para exixir unhas pensións públicas, dignas e que estean garantidas”.

Fletaránse autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. Cómpre reservar praza no telefone: 986.610.465 (tarifa :5€ por persoa agás estudantado e desempregad@s de balde).