“A MOCIÓN DO BNG SOLICITA O APOIO AOS MARIÑEIROS DE TRIPULACIÓNS AFECTADAS PARA TER UNHAS PENSIÓNS DIGNAS”

O BNG solicita ao pleno da Guarda apoio aos mariñeiros do espada

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG
O BNG solicita ao pleno da Guarda apoio aos mariñeiros do espada

O BNG presentou unha moción en apoio ás tripulacións de buques que faenan en augas internacionais, entre eles, a flota palangreira guardesa.

Para o BNG a modificación dos coeficientes redutores aplicábeis á pesca significa que un aumento na vida laboral sufrindo unha grave discriminación fronte a outras pescarías.

Despois dunha vida de duro traballo, en condicións de perigo e días de mar separados da familia, o goberno do PP modifica as condicións de xubilación destes mariñeiros que os prexudican claramente”, comentou Ángel Baz , portavoz municipal do BNG.

O BNG tamén solicita o cambio de modelo que actualmente está baseado na zona e no tamaño de embarcación para ir cara un novo modelo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalubres e provoquen sinistralidade.

O BNG considera imprescindíbel o cese inmediato do Director Xeral de Mariña Mercante pola súa incompetencia por descoñecer a realidade da pesca ao aplicar criterios discriminatorios que afectan aos dereitos fundamentais dos traballadores galegos.

Dende o BNG temos claro que xa bastante sacrificio fan estes mariñeiros e as súas familias ao longo da vida para que agora o Goberno español do PP lles conceda “este regalo” ao xubilarse.