Homenaxe a Xulia Suárez, "a matrona de Oia".
Este Domingo, 13 de marzo, ás 12h no marco da campaña do 8 de marzo do BNG, o BNG de Oia homenaxeará a Xulia Suárez, "a matrona de Oia", na praza que leva o seu nome.
09 mar. 2022 - 21:03
Darase lectura ao manifesto do 8M con acompañamento musical seguido dunha ofrenda floral.
Contaremos coas intervencións de Sabela Estévez Costa e Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal.
Xulia foi un exemplo de muller nacionalista e militante do BNG que sempre estivo na loita social, enfrontándose ás inxustizas e levando a súa profesión no corazón. Sempre na nosa memoria!