O BNG solicita explicacións ao PP da Guarda polo desvío de fondos asignados ao Vial Tui – A Guarda

O BNG solicita explicacións ao PP da Guarda polo desvío de fondos asignados ao Vial Tui – A Guarda

“O BNG non da creto do pouco peso político do PP guardés na Xunta”

Ángel Baz, Portavoz municipal do BNG na Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO considera unha fraude aos habitantes do Baixo Miño, en especial, aos guardeses e guardesas o desvío de fondos da VAC Tui - A Guarda para o corredor do Morrazo por parte da Xunta do PP.

Para o BNG é inxustificábel o baleirado de cartos que estaban perfectamente presupostados para o Tramo 1 da VAC.

O BNG esixe unha explicación do PP ao pobo da Guarda por esta medida que vai deixar sen executar unha partida de case 4 millóns de euros para o Baixo Miño.

“Con este desvío de fondos vese claro o pouco peso político que ten o PP guardés na Xunta e o escaso interese e aprecio que ten Feijóo pola Guarda ”, comentou Angel Baz, portavoz municipal do BNG.

Para o BNG estamos ante un episodio máis da dobre cara que ten o PP que di unha cousa na Guarda e actúa de xeito contrario na Xunta. O BNG está esperando pola instalación do Servizo de Radioloxía na Guarda que foi apoiado polo PP guardés.

O BNG solicita explicacións ao PP da Guarda polo desvío de fondos asignados ao Vial Tui – A Guarda