O BNG presenta na Guarda unha moción polo 8 de marzo

“O BNG anima a pobo da Guarda a participar na xornada de folga de mulleres do 8 de marzo”

O BNG presenta na Guarda unha moción polo 8 de marzo

O BNG presentou unha moción no rexistro do concello na que se solicita o recoñecemento e o apoio a Galegas 8M e á convocatoria de folga de mulleres do próximo 8 de marzo de 2019. Manifestar a desaprobación da Xunta de Galiza por non ter impulsado unha rectificación das políticas que contribúen á permanencia da desigualdade.

A moción tamén solicita que a corporación municipal manifeste o seu compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial canto a violencia machista, o dereito ao aborto e a permisividade ou legalización dos ventres de alugueiro.

“O 8 de marzo é un día máis na nosa loita diaria por facermos respectar como mulleres que somos. Non haberá igualdade mentres unha muller viva o terror do machismo instalado en todas as capas da sociedade. Necesitamos dos homes para gañar esta loita, pero o 8 de marzo debemos ser as mulleres as que visualicemos o noso papel na sociedade creando conciencia”, comentou Bea Lomba, responsábel local do BNG e responsábel da acción feminista na Guarda.

O BNG presenta na Guarda unha moción polo 8 de marzo