O BNG e Galiza Nova condenan o acto vandálico no monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura

volta da moura 2
Monumento da Volta da Moura manchado con pintura verde

O monumento, obra do artista Marcos Escudero, que lembra aos veciños fusilados polo franquismo en agosto de 1936 apareceu rachado e con pintura verde sobre os nomes das víctimas

O BNG e Galiza Nova condenan o acto vandálico no monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura

O BNG de Tui e Galiza Nova denuncian os actos vandálicos perpetrados no monumento que homenaxea aos asasinados na Volta da Moura.

Os nomes dos homenaxeados son Arturo Saloña, Antonio González, José Juan Teijeira, Nemesio Álvarez, Víctor Valverde, Ramón Vázquez, José Fernández, Saturnino Álvarez e Joaquín Alonso todos eles asasinados a mans do fascismo hai 81 anos na Volta da Moura.

O BNG de Tui e Galiza Nova condenan este  acto fascista e sinalan que constitúe, non so unha falla de respeto  ás víctimas, ás súas familias e veciñ@s, senón tamén un ataque intolerábel á memoria de quen loitou e deu a súa vida pola democracia. 

O BNG e Galiza Nova condenan o acto vandálico no monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura