É FUNDAMENTAL DIALOGAR E ESCOITAR Á VEZIÑANZA E AO COMERCIO

O BNG expón os seus criterios de mobilidade ao comercio do Rosal

WhatsApp Image 2017-06-20 at 22.32.03
Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG do Rosal, e Uxío Benitez, Deputado provincial de Mobilidade e Tenente-Alcalde de Tomiño durante a reunión
O BNG expón os seus criterios de mobilidade ao comercio do Rosal

O BNG do Rosal fai unha valoración moi positiva do acto informativo celebrado o día 20 de xuño, polo que se expuxo diante d@s veciñ@s e comerciantes cal é o modelo e o proxecto que o BNG defende para construír un futuro mellor para o Rosal e o entorno do Calvario.

Para elo contouse coa presenza de Uxío Benítez que está aplicando este modelo directamente na transformación do Concello de Tomiño, como tenente alcalde, e na Deputación de Pontevedra como Deputado provincial de mobilidade.

Desde o BNG do Rosal consideramos fundamental dialogar e escoitar permanentemente á veciñanza e ós comerciantes para tomar nota sempre das súas ideas, críticas ou cuestións co obxectivo de realizar unha oposición constructiva e coherente por e para @s Rosaleir@s. Defendemos que calquera decisión na xestión debera pasar sempre por un proceso de diálogo, debate e escoita da veciñanza e dos comerciantes. 

Por iso queremos amosar a nosa desconformidade coa actuación do goberno municipal, responsábel de que unha parte importante d@s comerciantes e do asociacionismo non estivese presente na importante reunión que @s técnic@s da empresa responsábel do estudo de mobilidade da Deputación tiveron recentemente. Non concordamos con este modelo de actuación do goberno do Partido Popular. Para nós é fundamental que o goberno conte coa cidadanía e fomente, alente e incentive a súa participación en calquera proceso.

Sen máis, agradecemos a boa disposición do Deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez e a asistencia e participación de tod@s @s veciñ@s e comerciantes que asistiron ó acto, actores necesarios e imprescindíbeis para calquera mellora do noso pobo.

O BNG expón os seus criterios de mobilidade ao comercio do Rosal