Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as elecció

Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as elecció

Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as eleccións municipais da Guarda

Primeiro tramo da candidatura do BNG na Guarda

"O acto de presentación terá lugar este xoves día 26 ás 21h no Centro Cultural da Guarda"

Este xoves presentarase o equipo de persoas que conforman a candidatura BNG-Asembleas Abertas para presentarse ás próximas eleccións municipais na Guarda.

No acto de presentación do equipo municipal participará Hortensia García, concelleira na Guarda, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG e Ángel Baz, candidato á alcaldía.

Como xa se adiantou no seu día, Ángel Baz, ben coñecido na nosa vila polo seu traballo como activista, organizador e dinamizador nos ámbitos empresarial e socio-cultural, será a persoa que encabece a candidatura nacionalista.

Nesta ocasión, tralo proceso de suma de novas persoas que participaron nas Asembleas Abertas, a candidatura incorpora xente que destaca polo seu compromiso e a súa participación nos movementos sociais e cidadáns na Guarda. O propio candidato á alcaldía é un claro exemplo.

Desde o BNG, convidámosvos asistir a  este acto de presentación e tamén a participar e enriquecer coas vosas propostas o proxecto que imos levar a cabo para gobernar a Guarda desenvolvendo os seus múltiples recursos. Queremos que veñades con nós para construír un novo modelo, na mesma liña da calidade que gozan as vilas e cidades gobernadas hoxe polo BNG.

Xavier Vence presenta a candidatura "BNG-Asembleas Abertas" encabezada por Ángel Baz para as elecció