Angel Baz: "Estamos aquí para que A Guarda dea un xiro de 180 graos como xa fixo Tomiño"

Fotografía do mintin celebrado no Centro Cultural da Guarda
Angel Baz: "Estamos aquí para que A Guarda dea un xiro de 180 graos como xa fixo Tomiño"

O Centro Cultural da Guarda, acolleu onte o acto central do BNG- Asembleas Abertas. Un video da candidata número 15 Sara Alonso, moza guardesa emigrada en Inglaterra que pedíu o apoio para o BNG-Asembleas Abertas serviu de introdución ao acto. Despois de dirixirse aos asistentes Merchi Vázquez, Manuel Pérez, Bea Alonso e Xan Lois Lomba tomou a palabra o Candidato a Alcaldía Ángel Baz.

Ángel Baz, nun discurso moi emotivo relatou as distintas alternativas que plantexa o BNG-Asembleas Abertas para A Guarda. Centrouse dun xeito especial nas propostas para dinamizar o comercio, a praza de abastos, a elaboración dun plan de tráfico que contemple a humanización da praza do Reloxio e outras zonas da Vila, a desestacionalización do turismo, a posta en marcha das escolas deportivas ou a necesidade dunha planificación cultural estable para todo o ano.

Nun momento da súa intervención dixo “O Trega é a nosa Sagrada Familia, é a nosa Muralla China, é a nosa Torre Eiffel. Un lugar ata o de agora, maltratado, descoidado e infravalorado polos distintos gobernos que tivo A Guarda.Todo ese potencial turístico, toda esa riqueza non podemos seguila mantendo afastada da Guarda. Por eso queremos trasladar o Museo do Monte ao centro da Guarda”.

Noutro momento da súa intervención afirmou “é urxente un cambio de rumbo. Temos as propostas, temos entusiasmo, temos valentía. E para eso estamos aquí, para que a Guarda dea un xiro de 180 grados como xa fixo Tomiño co BNG na alcaldía”.

O acto rematou nun ambiente festivo coa música do Cantautor Guardés Tino Baz acompañado nesta ocasión por Iago Villa.

[gallery ids="240,241"]

Angel Baz: "Estamos aquí para que A Guarda dea un xiro de 180 graos como xa fixo Tomiño"