Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda

“Ángel Baz amosou o seu compromiso coa praza de abastos da Guarda”

A Guarda, 21 abril 15. Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, reuniuse con praceiros e praceiras para coñecer de cerca da situación actual da praza de abastos da Guarda.

Dende o BNG-AA valorouse positivamente os resultados da reunión, sobretodo a alta coincidencia na análise das problemáticas que afectan á praza de abastos da Guarda, como o tipo de clientela, horarios, infraestruturas, aparcamento, ...

A formación nacionalista amosou o apoio aos praceiros e praceiras, pulando por unha praza de abastos como punto referencia tanto para a localidade como para o resto da comarca.

Para o BNG-AA debe existir un maior compromiso con esta infraestrutura municipal por parte do concello, cunha planificación e con medidas destinadas a potenciala, sen caer en investimentos puntuais que non solucionan o abandono  a que está sometida.

“Estamos seguros que cun proxecto serio e ben planificado, a nosa praza será un referente para o comercio local e un importante punto de atracción turística que non podemos perder”, comentou Angel Baz, candidato do BNG á alcaldía da Guarda.

O BNG-AA entende, en coincidencia cos praceiros e praceiras, que a praza de abastos é moito máis que o propio edificio, que todos os comercios que están arredor da praza tamén forma parte dela, constituíndo un modelo de comercio que da vida ao centro da vila.

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda