Acto informativo na Guarda do BNG e recollida de sinaturas para abaratar o prezo da luz

acto a guarda tarifa eléctrica

"Este mércores  21 de novembro ás 20:30 na Casa dos Alonso, na  Guarda"

Acto informativo na Guarda do BNG e recollida de sinaturas para abaratar o prezo da luz

O BNG organiza un acto público,e, recollida de sinaturas,  previsto para o mércores  21 de novembro ás 20:30 na Casa dos Alonso, na  Guarda, coas intervencións de Anxo Baz, portavoz municipal ; Montse Prado, deputada parlamentar; e Xoan Xosé  Bouzas "Tupi", secretario nacional da CIG-Industria.

Anxo Baz, sinalou que a luz é “un produto de primeira necesidade e non unha mercadoría de luxo que sirve para que as empresas eléctricas cada vez gañen máis”. Galiza é un país produtor e exportador de enerxía, que ten que soportar unha das tarifas máis caras de Europa cando ten os salarios e as pensións das máis baixas. Nos últimos 8 anos o recibo da luz subiu máis dun 30% e no último ano un 10%, “son cantidade excesivas e sen xustificación”, engadiu.

Fixo referencia tamén á que medra “o número de persoas que non poden manter a vivenda coa temperatura adecuada”. Deste xeito, o BNG propón que a luz estea baixo o control público galego, cunha tarifa eléctrica galega que impida penalizar os lugares produtores de enerxía fronte aos que consomen e permita abaratar os prezos para particulares e tecido industrial.

Ademáis, sinalou que a luz ten unha fiscalidade excesiva, “ten un IVE dun 21% como se fose un produto de luxo, que queremos abaratar ao 4% que lle corresponde aos produtos básicos”. Reclamou tamén eliminar os suplementos territoriais.

Acto informativo na Guarda do BNG e recollida de sinaturas para abaratar o prezo da luz