“ACTITUDE INCOMPRENSÍBEL DO GOBERNO DO PSOE RENUNCIANDO A UN PLAN QUE POSIBILITARÍA O AFORRO DUNS 300.000 €”

O PSOE rexeita o Plan Revitaliza de compostaxe para a Guarda

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

O BNG insta ao grupo de goberno do PSOE que reflexione e reconsidere a súa posición de adherirse ao Plan Revitaliza

O PSOE rexeita o Plan Revitaliza de compostaxe para a Guarda

O BNG presentou unha moción para a adhesión do concello da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, como un novo xeito de xestionar o lixo.

Para o BNG é sorprendente como o grupo de goberno do PSOE está disposto a perder unha oportunidade para poñer en marcha un novo modelo baseado na compostaxe como alternativa a SOGAMA.

Dende o BNG non se entende como o grupo de goberno con apenas argumentacións e sen o concelleiro encargado, presente decide renunciar a participar nun proxecto que nesta etapa ten 1.250.000 €, que serán distribuídos entre os concellos que se adhiran ao mesmo.

Dende a chegada do BNG á Deputación de Pontevedra este foi un dos eixos sobre os que pivota a nova forma de gobernar nos que se queren implicar aos concellos nunha xestión sustentábel e máis respectuosa co medio ambiente.

Resulta sorprendente que o grupo do PSOE se negue a participar neste proxecto e logo fagan gala de apostar pola reciclaxe. Esta contradición rematará por pagala o pobo da Guarda”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG insta ao grupo de goberno do PSOE que reflexione e reconsidere a súa posición de adherirse ao Plan Revitaliza, sendo medidas deste tipo nas que o BNG vai ser sempre un aliado para o beneficio da Guarda.

O PSOE rexeita o Plan Revitaliza de compostaxe para a Guarda