Imprimir

O Concello da Guarda non dispón do Informe de Impacto Ambiental na escolleira da Lamiña

bngbaixominho | 08 de novembro de 2019

Anxo Baz, portavoz municipal
Anxo Baz, portavoz municipal

“Ao BNG sorpréndelle a falta de información ante unha obra cun impacto ambiental tan importante”

O BNG despois de pedir ao Concello da Guarda o expediente sobre a actuación que o Ministerio de Transición Ecolóxica está realizando na praia da Lamiña queremos manifestar diferentes aspectos que nos preocupan:

  1. A pesar do impacto que ten a escolleira que xa se empezou a construir na Lamiña, no Concello non existe o informe de impacto ambiental preceptivo.
  2. No escrito dirixido polo Ministerio de Transición Ecolóxica a Consellería de Medio Ambiente recolle que “Rixidizando un tramo local da ribeira non se soluciona o problema global a escala do río e é posible trasladar o problema erosivo augas arriba ou augas abaixo do tramo crítico a protexer na actualidade”.

Dende o BNG non entendemos como diante dun problema que se ven arrastrando dende xa fai tantos anos se opte por unha solución urxente sen garantias e de dudosa eficacia ou que mesmo pode rebotar o problema que se pretende solucionar a outra zona da desembocadura do rio como o propio Ministerio recoñece.

Cóstanos entender tamén a actitude do PSOE guardés, máis preocupado en facer fotos na zona co seu candiato ao Congreso que por reclamar todos os informes e documentos preceptivos para unha obra que xenera tantas dúbidas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concello-da-guarda-non-dispon-do-informe-impacto-ambiental-escolleira-da-lamina/20191108160019001858.html


© 2020 BNG do Baixo Miño

Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño

Rúa Manuel Lomba, 2-1º

36780, A Guarda (GALIZA)

Teléfono: 986 60 90 09

Correo electrónico: baixominho@bng.gal