“PARA O BNG A RÚA CONCEPCIÓN ARENAL DEBE SER O MOTOR DUN NOVO MODELO DE POBO CON COMERCIO NA RÚA, PERSOAS PASEANDO LIBREMENTE: UN CONCELLO ACCESÍBEL”

O BNG solicita a peonalización de Concepción Arenal na Guarda

IMG_6685
Ángel Paz, portavoz municipal do na rúa Concepción Arenal
O BNG solicita a peonalización de Concepción Arenal na Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a peonalización da rúa Concepción Arenal da Guarda.

Para o BNG é unha necesidade un cambio de modelo na Guarda no que as persoas, tanto as residentes como as que visitan á Guarda, sexan as protagonistas, relegando o coche a un segundo plano.

O BNG considera que está máis que demostrado que o modelo anterior baseado na acumulación de vehículos nos centros das poboacións son un fracaso, soamente hai que ver a última reforma de Manuel Álvarez: lonxe de aliviar o tráfico e os problemas de aparcamento, hoxe seguimos a tela colapsada.

O BNG lémbralle ao Alcalde da Guarda que é momento de poñer en práctica o Plan de Mobilidade realizado pola Deputación de Pontevedra, froito da moción presentada polo BNG.

“Hoxe temos un documento realizado por técnicos competentes na materia, que certifica que o futuro da Guarda pasa por recuperar a vila para as persoas, facendo un concello accesíbel, tal como vén propoñendo o BNG dende hai anos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

A moción nacionalista solicita o rexeitamento a calquera actuación contraria ás recomendacións do Plan de mobilidade da Guarda, así como instar ao Alcalde da Guarda a realizar un proxecto diferente, un plan estratéxico de eliminación de barreiras arquitectónicas e promover a concienciación da poboación de hábitos saudábeis e o deseño de camiños escolares para o fomento da autonomía de nenos e de nenas.


 

O BNG solicita a peonalización de Concepción Arenal na Guarda