O BNG presenta moción para a creación de camiños escolares seguros na Guarda

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG

O BNG solicitou por escrito esta medida hai máis de mes e medio sen contestación por parte do Alcalde da Guarda”

O BNG presenta moción para a creación de camiños escolares seguros na Guarda

O BNG presentou unha mociónno rexistro do Concello da Guarda para a redacción de proxectos e plans de dinamización de camiños escolares seguros.

Para o BNG os proxectos de camiños escolares son iniciativas dirixidasa que as e os menores poidan moverse con seguridade e autonomía polas rúas e recuperen o uso e goce do espazo público, ao mesmo tempo que repercuten nas formas de organización das vilas. 

O BNG lembra que o artigo 31 da Carta dos Dereitos do Neno di que ten dereito ao descanso e ao lecer, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

A Deputación de Pontevedra, dentro da súa Estratexia de Mobilidade 3.0, coloca os colectivos máis vulnerables como suxeitos principais das melloras en materia de mobilidade e, neste sentido, unha das principais prioridades é mellorar o contorno para as e os máis pequenos.

“A principios de abril solicitamos por escrito ao Alcalde da Guarda que presentase un proxecto para a redacción dun plan de camiños escolares seguros, pola importancia do asunto. Un mes e medio despois, nin tan sequera nos contestou, polo que nos vemos obrigados a presentar esta moción para que sexa o pleno quen o decida. Esperemos que o resto da oposición estea a altura das circunstancias”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG ten claro que na Guarda hai un bo número de alumnado que se beneficiaría directamente desta liña de subvencións debido á proximidade do seu centro á rúa Concepción Arenal de titularidade da Deputación.

O BNG presenta moción para a creación de camiños escolares seguros na Guarda