Imprimir

O BNG presenta na Guarda unha moción en apoio ao conflito das traballadoras dos Centros de Saúde

bngbaixominho | 17 de xaneiro de 2019

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG

“O BNG quere expresar a súa solidariedade e apoio aos traballadores e traballadoras do PAC da Guarda en protesta polas condicións de traballo”

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción para ser discutida en pleno no que se insta á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a negociar cos traballadores e traballadoras da sanidade pública as demandas laborais presentadas polo colectivo, así como amosar a solidariedade do pobo da Guarda ante a situación que están a vivir.

Hai máis de 10 meses as traballadoras dos PAC presentaron por escrito unha táboa de reivindicacións que recollían as necesidades deste colectivo para realizar o traballo en condicións de seguridade e con calidade asistencial. Entre as reivindicacións estsán os equipos paritarios enfermería-persoal médico, dotación de necesidades dos PAC, cumprimento da normativa europea de tempo de traballo, dotación de equipos de protección individualizados, ....

Para o BNG a situación é insostíbel e consecuencia da política sanitaria do PP, que levou a unha degradación de tal calibre dos servizos sanitariosque fixo poñer en pé de guerra aos traballadores e traballadoras dos PAC.

Para o BNG é preocupante a situación na que está deixando o PP a sanidade galega, en especial os servizos sanitarios da Guarda.

“Dende o BNG levamos anos reclamando unha serie de melloras para o entro de Saúde da Guarda: mellora do servizo de urxencias, implantación dun servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada, ... e o PP negou todas estas reivindicacións para a Guarda”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG presentou unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2019 no que se inclúen melloras para o PAC da Guarda como un servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada ou a mellora do servizo de urxencias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-presenta-guarda-mocion-apoio-ao-conflito-das-traballadoras-centros-saude/20190117103104001691.html


© 2020 BNG do Baixo Miño

Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño

Rúa Manuel Lomba, 2-1º

36780, A Guarda (GALIZA)

Teléfono: 986 60 90 09

Correo electrónico: baixominho@bng.gal