O BNG CONSIDERA DESAFORTUNADA A ACTITUDE AMEAZANTE DO ALCALDE-PEDÁNEO DE CAMPOSANCOS CARA A VOGAL DO BNG MERCHI MARTÍNEZ

O BNG insta ao Pedáneo de Camposancos a cambiar as ameazas por explicacións sobre S Xerome

P1050161
Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos
O BNG insta ao Pedáneo de Camposancos a cambiar as ameazas por explicacións sobre S Xerome

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, quere amosar toda a solidariedade á Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade de Camposancos, diante das ameazas proferidas polo Alcalde-Pedáneo do PSOE, Rafael Álvarez.

Para o BNG as ameazas do Alcalde Pedáneo de Camposancos son unha cortina de fume para desviar o tema preocupante da relación que existe entre o S Xerome e a ELM de Camposancos.

Hai semanas produciuse unha serie de despidos no Centro de traballo S Xerome, tendo en conta que persoal deste centro ten realizado traballos para a ELM de Camposancos, a vogal do BNG presentou un escrito cunha batería de preguntas para aclarar o papel da Entidade en todo este tema. As preguntas tamén foron levadas ao pleno ordinario que se celebrou o mesmo día, coa sorpresa dunha complicidade entre o PP e o PSOE en contra do BNG.

O Alcalde negou dita relación laboral, pero examinando os orzamentos do ano 2016 vemos a existencia dunha partida chamada: “traballos realizados por outras empresas (San Xerome)” por valor de 8.000 €. Polo que o BNG insta ao Alcalde-Pedáneo do PSOE a explicar a natureza desa partida.

Chama a atención que a esta altura de ano, mes de maio, o goberno da ELM de Camposancos non ten orzamentos para o ano 2017, tendo maioría absoluta para aprobalos, iso é do que se ten que ocupar o Presidente da ELM de Camposancos.

Se o Alcalde-Pedáneo quere presentar denuncia, que o faga, estarei encantada de explicarlle ao xuíz porque consideramos que minte”, comentou Merchi Martínez, Vogal do BNG na ELM de Camposancos.

Para o BNG as formas utilizadas polo Pedáneo de Camposancos non son propias dun cargo político con responsabilidade de goberno que debe dar explicacións á oposición e non ameazas.

O Alcalde-pedáneo debe explicar como ten acceso a unha acta de pleno que aínda non teñen os demais vogais, que deber aprobada polo pleno da Entidade, mentres a vogal do BNG hai máis de 28 días que solicitou copia sen obter resposta.

“O Pedáneo do PSOE instrumentaliza a institución e aos seus traballadores de xeito partidista. Por que sae o ataque do PSOE 13 días despois? Por que non se nos contestaron ás preguntas sobre San Xerome que se presentaron o 17 de abril? Estas dúbidas fan que pensemos que hai algo que esconder”, sinala Merchi Martínez.

O BNG insta ao Alcalde-Pedáneo da ELM de Camposancos a que abandone as ameazas e aclare a relación existente entre a ELM de Camposancos co Centro de traballo S Xerome da Guarda.

 


Escrito coas preguntas sobre S Xerome

Detalle orzamentos 2016 coa partida para S Xerome

Escrito do 19 de abril solicitando a acta do último pleno

 

 

Escrito_camposancosOrzamento 2016_CamposancosSolicitude acta

 

O BNG insta ao Pedáneo de Camposancos a cambiar as ameazas por explicacións sobre S Xerome