Imprimir

Acto de presentación da candidatura do BNG á alcadía de Tui

bngbaixominho | 27 de marzo de 2019

O BNG de Tui presenta este venres dia 29 a súa candidatura, ao governo municipal de Tui, encabezada pola médica Carme Núñez.

Este venres ás 21:00 horas, no Hotel Colón de Tui, o BNG  dá inicio á carreira eleitoral que pretende que acabe no governo municipal se o pobo tudense lle outorga a súa confianza nas eleicións do 26 de maio.

Unha equipa forte, seria e cohesionada, xa con experiencia, que pretende continuar a labor positiva de governo truncada pola moción de censura do PP, que sumíu ao concello na inacción supondo o regreso ao pasado máis negro de governos da dereita.

Un BNG en ascenso, con cosideración social e simpatía política que está disposto a por toda a ilusión, capacidade, todo o seu potencial humano na xestión de goberno.

O acto, que será presentado pola Responsábel  comarcal de Galiza Nova, Ana Bernárdez, contará  coas intervencións de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Carme Da Silva, candidata número un por Pontevedra ao Congreso d@s Deputad@s, e, Carme Núñez, Portavoz municipal do BNG e Candidata á Alcaldía.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/acto-presentacion-da-candidatura-do-bng-alcadia-tui/20190327181755001754.html


© 2019 BNG do Baixo Miño

Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño

Rúa Manuel Lomba, 2-1º

36780, A Guarda (GALIZA)

Teléfono: 986 60 90 09

Correo electrónico: baixominho@bng.gal