Acto de presentación de Anxo Baz como candidato do BNG á Alcaldía da Guarda

presentación a guarda
presentación a guarda

"A formación nacionalista presenta tamén a lista coa que vai concorrer ás próximas eleccións municipais cun proxecto ilusionante e transformador para A Guarda"

Acto de presentación de Anxo Baz como candidato do BNG á Alcaldía da Guarda


Este martes 2 de abril Anxo Baz presentará en acto público no Centro Cultural da Guarda (20:30) a súa concorrencia como candidato á alcaldía da Guarda para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Carme Da Silva, concelleira de Pontevedra e candidata do BNG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra, arrouparán á candidatura neste acto público.

O acto contará coa participación musical da gaiteira guardesa Nadia Vázquez, primeiro premio como solista no festival de gaita de Francia.


Este acto supón o arranque da precampaña, e seguiranlle reunións coas veciñas e veciños, asociacións, comunidades de montes e axentes  sociais co fin de presentar o proxecto BNG para a Guarda e recoller as inquedanzas e preocupacións da poboación.

O BNG considera que é o momento de apostar por unha candidatura diferente, unha candidatura que poña as persoas por diante, cunha especial preocupación polas cuestións sociais, educación, cultura sen esquecer os nosos sectores productivos, conxugando un xeito de facer política aberto ao pobo que faga sentirse a calqueira guardés ou guardesa orgulloso do pobo no que vive.

Acto de presentación de Anxo Baz como candidato do BNG á Alcaldía da Guarda