O PSOE vota en contra da proposta do BNG de regular os plenos en Camposancos

Merchi Vázquez, vogal do BNG na Entidade Local de Camposancos
O PSOE vota en contra da proposta do BNG de regular os plenos en Camposancos

“A actitude do PSOE lembra a dun -Señorito de Cortixo- limitando a democracia en Camposancos, mentres o PP ponse de perfil”

Merchi Vázquez, vogal do BNG na Entidade Local de Camposancos

O pasado venres discutiuse unha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego para ao estabelecemento dun calendario de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos.

Para o BNG resulta incríbel que en os representantes do PSOE voten en contra de regularizar o funcionamento da Entidade Local Menor de Camposancos.

O BNG lembra que na Entidade Local de Camposancos non existe ningún tipo de criterio que rexa a celebración dos plenos desta entidade, chegando a haber unha descoordinación entre a Entidade Menor de Camposancos e o Concello da Guarda facendo coincidir os plenos.

“No pleno quedou claro que o PSOE trata a Entidade coma se fose o seu eido, non como unha institución democrática e moderna con planificación”, comentou Merchi Vázquez, vogal da do BNG na Entidade de Camposancos.

Dende o BNG tratamos de construír unha institución máis aberta para os veciños e veciñas, sen limitar a participación na vida política de Camposancos e da Guarda, queremos que calquera poida explicar os seus problemas directamente no pleno.

Para o BNG o voto en contra do PSOE e a abstención do PP ilustran as poucas diferenzas que existen entre as dúas forzas que até agora monopolizaron a Entidade Local Menor de Camposancos.

O PSOE vota en contra da proposta do BNG de regular os plenos en Camposancos